Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R discrepa da política de vixilancia aos clientes que propoñen a SGAE e Cultura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R discrepa da política de vixilancia aos clientes que propoñen a SGAE e Cultura

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/01/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Mundo_R_navalla-2.jpgMentres que unha boa parte da industria discográfica e audiovisual (sobre todo o sector de meirande tradición e presenza) esixe máis control e sancións sobre aqueles usuarios e usuarios que intercambien ficheiros libremente pola Rede, as operadoras non semellan dar mostras de tomar partido por un lado ou polo outro. Mentres, a presión exercida por certas institucións (como por exemplo o Ministerio de Cultura) ou sociedades de xestión de dereitos de autor (como a SGAE) non cesa de incrementarse. Mais segundo informa a web Bandancha.eu, non todo é silencio no eido das operadoras. A empresa galega R de servizos de cable está a dar mostras de desconformidade sobre o devandito aumento da presión. E faino no seu blog, para toda a comunidade internauta.
Para a firma con sede na Coruña, na súa política nos clientes nunca entrou de ningunha maneira o control sobre os seus accesos á Rede, tal e como algúns entes propoñen, e no caso de que estes saquen adiante as súas medidas concretas, a empresa levará a cabo “todas as alegacións que considere oportunas e coincidentes con ese espírito”.
A xuízo da operadora galega, se non se controlan as comunicacións telefónicas sen o control dun xuíz (os usuarios están protexidos por lei), é necesario aplicar as mesmas regras de xogo ás que se levan a cabo en Internet.
Amais, a empresa de telecomunicacións non semella ter claras as vantaxes para a economía do estado que podería achegar unha obriga deste tipo sobre as firmas do sector: unha obriga a supervisar o que os clientes fan cos servizos subministrados. Esta situación, explica, fomentaría o xurdimento de operadoras “pouco escrupulosas coas normas e mesmo de países equivalentes aos paraísos fiscais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?