O pasado venres o tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, anunciou un investimento de 717.808 euros no Casco Vello da cidade da oliveira para a instalación dunha rede de banda larga con tecnoloxía WiMAX que permita que a zona histórica sexa «referente de innovación na cidade» e mellore a calidade dos servizos á cidadanía.
Domínguez sostén que «é moi importante a rehabilitación dos edificios do Casco Vello, pero tamén a súa dinamización, incidindo nos elementos innovadores», agardando que para finais de 2009 sexa posible ter esta nova infraestrutura en funcionamento, para o que deberán instalar coma mínimo 17 enlaces de radio cun largo de banda de 20 Mbps, 17 puntos de emisión WiMAX e 3 pantallas de interface.
Agarda que esta nova rede mellore o atractivo co casco histórico, de modo que contribúa a que os mozos se acheguen á zona «incluso para vivir».
O Casco Vello de Vigo terá rede WiMAX de seu
Compartir Este Artigo

