Os usuarios da Comunidade Autodesk Inventor xa poden votar polo deseño máis innovador ou o mellor avance en enxeñería do 2009, ao seu entender, a través da website dese colectivo en liña, accesible dende esta ligazón.
O prazo para votar, que só se poderá facer exclusivamente por Internet, abriuse o pasado 20 de xaneiro e manterase activo ata o vindeiro 20 de febreiro ás 5 da tarde.
O escollido sairá de entre os Inventors do mes que foron escollidos durante o pasado 2008, de entre os cales sorprenden, entre outros, un grupo de australianos que deseñaron un prototipo para o equipo Vodafone na carreira de Supercoches V8, unha compañía que creou unha solución para modernizar as oficinas de correos, unha empresa que creou o mellor iate do mundo segundo o Miami Internacional Boat Show de 2008 ou uns fabricantes de táboas de surf que fan os seus deseños con Autodesk Inventor.
Con este galardón, a Comunidade Internacional de Fabricación de Autodek pretende recoñecer os deseños máis innovadores e os avances en enxeñería realizados pola extensa comunidade de clientes que empregan Autodesk Inventor, o software de deseño de mecánica 3D máis vendido do mundo.
Aberto o prazo para votar en liña polo mellor invento de 2009
Compartir Este Artigo

