Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google botaralle unha man aos internautas que queiran saber se os operadores pechan a billa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google botaralle unha man aos internautas que queiran saber se os operadores pechan a billa

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/01/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

measurement_lab.jpgMalia que non hai moitos sinais que o amosen de xeito definitivo, unha boa cantidade de internautas afeitos ao intercambio de música e filmes na Rede teñen claro que as operadoras lles pechan en maior ou menor medida a billa de acceso co fin de que se descargue o menos posible. Isto, que comunmente se coñece como capar ao P2P, vén a ser a aplicación na Rede de múltiples procesos previos na vida non virtual: moi poucos produtos que se venden responden finalmente ás expectativas. Este labor constante de redución dos dereitos dos consumidores ten na Internet unha chea de facianas, pero a máis coñecida segue a ser a da limitación sutil e progresiva do que nun principio se ofrecía. Os internautas, fartos desta situación, levan meses reclamando máis e mellores xeitos de verificala. A queixa semella que non está a caer en saco roto, e xa hai quen parece botar unha man: Google. O buscador, ultimamente moi a favor dun emprego da Internet o máis libre posible, vai poñer en funcionamento unha ferramenta que favoreza de xeito directo a comprobación do delito. Ou sexa: que nos axuda a saber se o ISP contratado ás empresas que achegan acceso á Rede se respecta.
Segundo apuntan estes días Enrique Dans ou Elpais.es, o programa de Google xa ten unha base sólida: a dun acordo asinado con diversas entidades sen arela de lucro que loitan dende hai tempo por unha Internet sen restricións e que non atente aos dereitos dos seus usuarios. En virtude deste achegamento, estes entes veñen de desenvolver Measurement Labs, plataforma de software libre aberta aos investigadores que queiran tomarlle o pulso ás conexións de toda a Rede. Polo que respecta aos redeiros de a pé, dicir quen en breve se porá ao seu alcance ferramentas que lles axuden a avaliar o nivel de tráfico de datos da súa conexión e comprobar deste xeito se o seu ISP limita determinadas accións. Con todo, xa é posible facer uso destas aplicacións dende o sitio de Measurement Labs.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?