Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense estrea a súa propia web de turismo cun percorrido en 3D pola cidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense estrea a súa propia web de turismo cun percorrido en 3D pola cidade

Raquel Noya
Publicado: 02/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

turismodeourense.com.jpgA mediados da pasada semana, a feira de turismo estatal FITUR abría as súas portas para dar a coñecer, dende Madrid, o máis salientable en materia de viaxes, gastronomía e lecer alén dos nosos fogares. Neste encontro non faltou a nosa propia representación e Galicia, tal e como apuntamos estes días, estivo presente física e virtualmente, dando a coñecer (entre outras cousas) as nosas paisaxes, o noso cocido, os nosos aloxamentos e, como non, a nosa cultura, que tan fascinante resulta para tódolos visitantes que se interesan por coñecela.
Ademais da páxina web que o equipo de Turgalicia presentou neste evento: www.galiciafitur2009.com (da que falamos ao detalle en Código Cero), non debemos deixar de citar a web www.turismodeourense.com, un sitio que recolle información sobre as posibilidades turísticas da cidade das Burgas que tamén foi presentado na capital.
Así o apuntaba o xornal dixital A Nosa Terra a pasada semana, onde engadía que o tenente alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, fora o encargado de facer a presentación da nova ferramenta virtual que promove o seu turismo.
A web fai un percorrido virtual polo casco antigo de Ourense empregando a tecnoloxía en tres dimensións a través da aplicación Google Earth e do xestor de contidos Typo3.
En palabras de Sánchez Vidal, “a tecnoloxía empregada nesta web supón unha novidade, con modelos de calidade fotorealística, para fomentar o sector do turismo en Ourense”.
Deste xeito, os internautas que visiten virtualmente a cidade do Miño, poderán coñecer a fondo os lugares máis destacables, guiados interactivamente mediante rutas fotográficas tridimensionais.
A Nosa Terra afirma que Ourense 3D “é unha iniciativa pioneira en Galicia, tanto pola extensión navegable dos seus modelos en tres dimensións, como pola tecnoloxía de navegación empregada e pola calidade realista”.
Sánchez Vidal, que estivo acompañado do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, no momento da presentación, chegou a comparar a aplicación coa empregada nas web homólogas das cidades de Nova York e Los Ángeles, ou nas dos concellos alemáns das cidades de Dresden e Múnic.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?