Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acolle a apertura dun novo centro da Rede de Dinamización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acolle a apertura dun novo centro da Rede de Dinamización

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inauguracion_lugo.jpgA Rede de Dinamización da Sociedade da Información comezou o mes de febreiro cunha nova achega física ao seu tecido, arestora presente xa en 61 dos nosos concellos. Máis polo miúdo, a nova incorporación non é outra que a do centro da cidade de Lugo situado no número 7 da praza da Milagrosa e equipada con dezaoito computadores con lectores de eDNI e cámaras web, dúas impresoras, un proxector, unha pantalla de proxección, unha cámara de fotos dixital e un escáner. As instalacións, inauguradas oficialmente este luns polo Conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, recibiron para comezar a súa andaina un investimento de 227.144 euros. A posta en longo do centro, que inclúe equipamento tecnolóxico apoiado integramente en software libre (seguindo a liña do dito departamento da Xunta a prol da promoción da programación aberta), tamén contou coa presenza do delegado da Consellería en Lugo, Ramón Cortés, e o xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xosé Lois Vilasante.
Amais de afondar nas achegas técnicas e humanas da aula, na xuntanza fíxose fincapé na actividade futura (acollerá obradoiros de temática diversa para achegar a poboación ás novas canles) e pasada (ata o día da apertura oficial, a Rede de Dinamización operaba en Lugo a través do seu traballo conxunto con ASORLU, a Asociación de Persoas Xordas de Lugo, traballo do que xurdiron interesantes propostas como por exemplo o e-Signo Visual, dicionario en liña de termos tecnolóxicos en Lingua de Signos).
Por certo que logo da inauguración oficial procedeuse á entrega dos premios do II Concurso de Iniciativas. Na categoría de Poboación xeral resultou gañador Tradición dos ferreiros de Riotorto, levada a cabo pola Rede en colaboración co concello de Riotorto, e da que se encargaron Vanesa Pérez Álvarez, Alejandro Rancaño Herrán e Mª del Camino Rando García. Consistiu na realización dun documental sobre a tradición histórica dos ferreiros en Riotorto, despois de participar en varios obradoiros, e a súa publicación nun blog. Pola súa banda, na categoría de Persoas con discapacidade, o premio foi parar a Conciencia-T: Coñecendo e rachando as barreiras, levada a cabo pola Rede en colaboración con ASORLU (Asociación de Persoas Xordas de Lugo) e coordinada por María Francisca García Correa e Emilio González Carballo, dinamizadores da Rede. Consistiu na creación dun espazo web sobre as barreiras de comunicación que existen na sociedade, amosadas mediante unha montaxe visual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?