Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Virtualware presenta o encerro virtual de San Fermín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Virtualware presenta o encerro virtual de San Fermín

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sanfermin_virtual.jpgO salón FITUR de Turismo celebrado os días pasados en Madrid serviu entre outras cousas para confirmar o que xa se intuía: que a práctica totalidade das actividades vinculadas aos viaxes, á hostalería e ao culinario teñen xa unha orixe no emprego de Internet e as novas tecnoloxías en xeral. Por se isto fose pouco, hai ofertas que no camiño da promoción dun eido físico determinado, mesmo achegan turismo para facer na Rede. Dito doutra maneira: experiencia viaxeira en dúas metades, a primeira sen moverte dun espazo determinado e a segunda percorrendo xa o punto de destino de xeito presencial. Este é o alicerce dun desenvolvemento concreto das firmas Virtualware e Proevent, que estiveron no stand de Navarra da devandita feira presentando a web sanferminencierro.com, unha proposta en liña que ofrece, entre outras cousas, un peche virtual nos coñecidos festexos de Pamplona. Con todo, a actividade da empresa no salón consistiu en algo máis que en unha demostración web pura e dura: incluíu a proxección en dúas pantallas de sesenta polgadas dalgunhas das máis salientables intervencións no dito percorrido dixital.
A idea foi animar aos visitantes a chegar ata o fondo do proposta: subirse á cita de correr equipados cun casco de realidade dixital e gozar logo da experiencia en primeira persoa. A empresa como e a representación do Goberno de Navarra deron cifras sobre a participación no simulador: unhas 2.300 persoas puideron correlo co dito equipamento e outras 22.000 amosaron o seu interese sobre o que estaban a visualizar nas pantallas habilitadas.
Atendendo ao miolo tecnolóxico do simulador, dicir que a súa principal baza radica na conxunción de dous factores a priori contrapostos: a tradición (representada polos encerros) e a tecnoloxía (posto ao servizo da representación máis fidedigna posible de todo o itinerario establecido cada ano para cada encerro: arredor dun quilómetro de carreira polo casco histórico da cidade). Con este fin, informa a empresa, foron precisas 7.000 fotografías dixitais de alta definición tomadas no mesmo lugar dos festexos, amais do posterior traballo de modelado das fachadas que integran a carreira, amais da iluminación, sombreado e texturizado das mesmas. Asemade, incluíronse 17.800 espectadores virtuais, 12 toros perseguindo ao usuario e 150 corredores. Por certo que na web, salvando as diferenzas de equipamento, ofrécese unha versión en certa medida enriquecida da proposta: non hai pantallas nin casco virtual, pero achégase a mesma base de percorridos virtuais e contidos lúdicos-didácticos (textos, vídeos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?