Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es chega a semana que vén á Coruña para dar a coñecer a nova convocatoria do Programa NEW
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es chega a semana que vén á Coruña para dar a coñecer a nova convocatoria do Programa NEW

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/02/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

new.pngRed.es, a entidade público-empresarial de difusión do uso das TIC, vaise achegar os vindeiros días á nosa terra, concretamente á cidade Coruña, onde está prevista a celebración de obradoiros formativos acerca dun programa que resulta de especial interese para Galiza, onde aínda fica unha boa cantidade de microempresas e pequenas empresas que non están a xestionar os seus recursos a través das ferramentas dixitais. Falamos do programa Ningunha Empresa sen Web, unha iniciativa de Red.es inserida no Plan Avanza do Goberno central e que chega agora a unha nova convocatoria. A idea dos responsables do NEW na súa visita á Coruña é informar polo miúdo do que se ofrece no programa (servizos de aloxamento na Web e de asesoramento máis económicos) e, tamén, favorecer na medida do posible a presenza das empresas galegas na Internet a través desta solución concreta: unha solución que por 60 euros ao ano pode cubrir unha boa parte das súas necesidades no dixital.
A cita será o 12 de febreiro no Centro de Negocios Finisterre, situado na Avenida Finisterre 327.
A actividade de sensibilización intégrase na liña de Economía Dixital do Plan Avanza e, máis en detalle, incluirá catro sesións de traballo presenciais de formación tecnolóxica para facer máis doado o afianzamento das redes entre os empresarios da Coruña. Os obradoiros, que son de balde, terán unha hora de duración e está prevista a súa celebración ás 10.30, 13.00, 16.00 e as 18.00 horas. Co fin de participar, teremos que inscribirnos na web do programa ou a través do teléfono 900 223 322, canles onde, por certo, tamén se pode contratar o paquete de servizos incluído no programa NEW.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?