Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: La Caixa e máis a Xunta presentan un novo vehículo dixital ao servizo das emerxencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

La Caixa e máis a Xunta presentan un novo vehículo dixital ao servizo das emerxencias

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

axega_bus.jpgO control das emerxencias vén de recibir na nosa terra un novo pulo á procura dunha maior efectividade. O impulso en cuestión, que chega con feitura de posto de mando avanzado e da man da Obra Social La Caixa e da propia Xunta de Galicia, apoia unha boa parte do seu peso en dous piares fundamentais: tecnoloxía dixital ao servizo da resposta en incidentes e cooperación. O resultado desta concorrencia de factores é como dixemos un posto de control avanzado que, segundo contan os responsables da súa posta en marcha, achegará o equipamento tecnolóxico preciso para a optimización do labor desenvolvido pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).
A infraestrutura-vehículo que foi presentada hoxe mesmo no edificio administrativo da Xunta, abrangue nun único espazo de mando todos os medios de comunicación necesarios “para tomar decisións e coordinar o referente aos efectivos”, informou o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, para quen é importante subliñar o potencial deste centro de control á hora de evitar situacións de colapso nas comunicacións (semellante á ocorrida hai tres anos coa vaga de lumes que azoutou Galiza).

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, e o delegado xeral de La Caixa en Galicia, Marc Benhamou, presentaron un posto de mando e control avanzado para a xestión de situacións de emerxencia que se destinará á Axencia Galega de Emerxencias.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, e o delegado xeral de La Caixa en Galicia, Marc Benhamou, presentaron un posto de mando e control avanzado para a xestión de situacións de emerxencia que se destinará á Axencia Galega de Emerxencias.
A infraestrutura, que requiriu un investimento de un millón de euros por parte de La Caixa, ten unhas dimensións de 9 metros e medio de lonxitude por dous metros e medio de anchura e por catro metros de altitude. A súa feitura exterior inclúe un sistema de petacas que permite, unha vez fixo, o despregamento dunha superficie de traballo de ata 30 metros cadrados en dúas salas: unha de operacións e outra de coordinación. Entre outras achegas tecnolóxicas, o centro incorpora un completo surtido de sistemas de comunicacións:
· Emisoras de radio.
· Liñas para telefonía GSM e satélite.
· Conexións a Internet (ADSL por satélite ou UMTS).
· Sistema informático con 5 ordenadores portátiles e tres equipos de impresión.
· Sistema audiovisual con sinais de televisión terrestre e satélite.
· Cámara de vixilancia e proxección sobre pantallas de plasma.
· Sistema de medición meteorolóxica e equipos xeradores de corrente propios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?