
A conselleira, Laura Sánchez Piñón, realizou onte unha visita ao Coleixo de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Raíña Fabiola de Santiago, onde coñeceu de primeira man o desenvolvemento do devandito programa e o funcionamento dos recursos didácticos para a aprendizaxe e ensinanza desta lingua: o LoloKarolo e o Dicionario de inglés interactivo.
O primeiro consiste nunha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes que permite construir frases en inglés de xeito doado para logo deixalas gardadas na biblioteca e que outros usuarios poidan recuperalas e traballar con elas.
O dicionario, de carácter visual, ofrece ao alumnado a oportunidade de aprender palabras e frases no seu contexto, coa axuda do audio para practicar a súa pronuncia. Esta ferramenta contén paneis que representan situacións cotiás (unha escola, a rúa, a casa, un parque, un auditorio, unha parada do bus, unha biblioteca, un laboratorio de ciencias…), que posibilitan ao alumnado ir explorando todo o vocabulario relacionado con estes espazos.
Esta ferramenta contén ademais xogos, que lle permiten aos cativos e cativas aprender inglés dun xeito lúdico e atractivo, a través das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
Os alumnos e alumnas galegas aprenden inglés con novas ferramentas interactivas
Compartir Este Artigo

