O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, preside hoxe a presentación dos programas e convocatorias de axudas 2009 do Plan Avanza2, nun acto do que daremos conta polo miúdo en Código Cero unha vez feitos públicos os datos.
Na presentación participarán tamén o director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco mailo director xeral de red.es, Sebastián Muriel, así como aquelas empresas, entidades sen ánimo de lucro e entidades locais que poidan acceder ás distintas axudas do Plan Avanza2 e estean interesadas en asistir.
O acto dará comezo a partir das 12:00 horas na sede da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, en Madrid.
Hoxe preséntanse os programas e convocatorias do Plan Avanza2
Compartir Este Artigo

