Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET pídelle ao BNG máis colaboración entre o sector público e as firmas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET pídelle ao BNG máis colaboración entre o sector público e as firmas TIC

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

eganet_bng.jpgPara os/as profesionais galegos/as das novas tecnoloxías da información, o proceso electoral no que estamos mergullados non é un proceso máis ao que teñamos que deixar nun segundo plano de atención. Máis ben o contrario: cómpre coñecer polo miúdo cal das propostas políticas dos principais partidos se presenta máis acorde co desenvolvemento de Galiza no eido da información, materia prima de primeira orde para unha fórmula que nos interesa a todos e todas: a fórmula de superación da crise. É nesta liña onde se sitúan as xuntanzas que se están a celebrar entre o sector empresarial e os diferentes candidatos: se hoxe mesmo falabamos nesta web da mantida entre os enxeñeiros en informática e o BNG, cómpre engadir que a xornada de onte incluíu outra reunión entre este partido político e unha entidade especialmente representativa do sector dixital en Galiza: EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías).
A xuntanza, na que participou a candidata número dous dos nacionalistas pola provincia da Coruña, Ana Pontón, foi en liñas xerais unha achega de demandas (as propostas por EGANET no camiño de impulsar a colaboración público-privada nas TIC ou de introducir o uso das redes en todos os recantos da nosa xeografía) e de estratexias a seguir (as que inclúe o BNG no seu programa co obxectivo de impulsar a produtividade do dito tecido empresarial).
O encontro, ao que tamén acudiu a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, constituíu a primeira sesión dos Almorzos TIC que está a organizar EGANET co fin de promover o debate político sobre a Sociedade do Coñecemento en Galiza (agárdase que en breve socialistas e populares confirmen as datas para os seus respectivos encontros).
A reunión mantida co BNG serviu entre outras cousas para constatar o que xa se viña sospeitando dende hai tempo: que o sector TIC galego traballa cada vez máis en mancomún e se amosa máis comprometido co que se refire ás súas posibilidades conxuntas de medre. De feito, ata un total de 50 empresas agrupadas na dita asociación tiveron representación na xuntanza mantida onte con Ana Pontón. As súas demandas, aínda que variadas debido á diversidade das súas actividades dentro dun único sector, coincidiron nunha boa cantidade de puntos. Por exemplo: pulo á extensión da banda larga en todo o territorio galego, máis e mellor colaboración entre iniciativas públicas e privadas (pediuse que as institucións teñan sempre en conta a opinión das empresas) ou meirande firmeza na defensa do libre mercado. Precisamente sobre este último punto se pronunciou Beatriz Legerén, presidenta de EGANET, quen lle relembrou á candidata do BNG que a agrupación galega que representa traballa para acadar a adaptación da cidadanía ao emprego das tecnoloxías do coñecemento como ferramenta de mellora perante a competitividade tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual.

Sobre os Almorzos TIC e o seu obxectivo

Segundo informa EGANET, os Almorzos TIC nacen como espazos de diálogo nos que as empresas asociadas coñecerán de primeira man as propostas en materia de novas tecnoloxías que inclúen nos seus programas electorais as tres forzas políticas maioritarias en Galicia, así como a súa estratexia de desenvolvemento na vindeira lexislatura. O obxectivo é que os profesionais
do sector debatan e realicen achegas ás propostas presentadas, de xeito que os futuros gobernantes conten coa opinión do empresariado para idear e crear as accións en materia TIC. Con esta iniciativa, a agrupación TIC quere avanzar na representación e defensa dos intereses de entidades empresariais que conforman o corazón das novas tecnoloxías.
Arestora, EGANET suma preto de medio cento de empresas asociadas, que teñen como alicerce do seu negocio un capital humano cualificado e que centran a súa actividade na Internet e medios on line; na comunicación interactiva en novos medios; na consultaría e asesoramento TIC; na conectividade e integración de sistemas e no desenvolvemento de software.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?