
Os primeiros dispositivos móbiles, que se lanzarán antes de xuño deste ano, serán os Samsung OMNIAHD, Ultra TOUCH e S6700, uns innovadores dispositivos que están á vangarda tecnolóxica e que Telefónica comercializará de xeito exclusivo.
Samsung OMNIAHD
O smartphone Samsung OMNIAHD é un potente dispositivo multimedia que incorpora tecnoloxía HD, permitindo gravar incluso vídeos a 720 p e pantalla táctil LED de matriz activa orgánica (AMOLED, a máis grande do mercado con 3,7”) e cunha nitidez única nos tons, cores e luminosidade.
Este smartphone ofrece, asemade, cámara de 8 megapíxeles e GPS con brúxula integrada e unha ampla memoria interna dispoñible en 8 e 16 XG. En canto á conectividade, o dispositivo permite acceso a Internet de HSUPA de 5,76 Mbps e HSDPA de 7,2 Mbps.
Samsung Ultra TOUCH
O Samsumg Ultra Touch tamén conta cunha pantalla táctic AMOLED de 2,8” antirrabuñaduras e antipegadas, cunha sofisticada silueta en curva e cun deseño brillante
silky back que permite ver a pantalla perfectamente dende calquera ángulo.
En canto a funcionalidades, este móbil dispón dunha cámara de 8 megapíxeles con flash power LED e función detector de sorrisos e parpadeos e ofrece a posibilidade de gravación en vídeo de alta calidade de 30 fps.
Ademais, conta cun reprodutor de música Groovy e permite un rápido acceso a Internet.
Samsung S6700
O terceiro dispositivo da multinacional coreana que Telefónica comercializará en exclusiva durante o primeiro semestre deste ano será o Samsung S6700, un móbil de deseño ergonómico no que se combina o corpo metálico en slide cunha atractiva pantalla de 2,4” TFT con calidade QVGA.
Ademais de ter cámara fotográfica de alta resolución e acceso a Internet de alta velocidade como os anteriores, este dispositivo destaca por contar con ferramentas de software como ShozZu, que permite subir de dorma doada imaxes ou vídeos á Rede ou Google, lector de RSS e de documentos.
Trátase dun dispositivo “moi axeitado” segundo os seus distribuidores, “para aqueles usuarios que desecan ter as prestacións máis avanzadas a un precio máis que razonable”.

