Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresarios da Tecnópole introdúcense nos segredos da Rede participativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresarios da Tecnópole introdúcense nos segredos da Rede participativa

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole_obradoiro_2.0.jpgA potencialidade da Web 2.0 nos negocios é un mundo que se vai descubrindo paseniño (cómpre comezar dende as definicións mesmas) e, a ser posible, con asesoramento. En realidade, dicir Web 2.0 non é dicir ren, polo menos ata que nos poñemos mans á obra: participando, interactuando e promovendo que os demais tamén o fagan. Achegar estes e outros principios de colectividade activa foi un dos grandes obxectivos da xornada celebrada hoxe nas instalacións da Tecnópole (o Parque Tecnolóxico de Galicia), na que concorreron arredor de doce empresarios do propio complexo empresarial e máis o experto en novas tecnoloxías Genís Roca, responsable de dar a coñecer polo miúdo as moitas vantaxes da nova orde da rede para o medre da produtividade.
O obradoiro, que terá en breve continuidade por mor da alta demanda rexistrada (o carácter práctico das sesións obrigou a limitar a cifra de participantes), desenvolveuse co obxectivo de adestrar aos empresarios nas utilidades de negocio da nova Internet e nos recursos principais que teñen ao seu alcance para ir dando conta dos cambios (moitos) que vai sufrindo a Rede. A xornada, que foi de balde, inseriuse dentro do compromiso da Tecnópole por fomentar o uso das novas canles e servizos avanzados entre os membros do Parque Tecnolóxico e, en xeral, do tecido económico-produtivo galego.
Máis polo miúdo, estas foron algunhas das cuestións tratadas ao longo desta xornada, todas elas vinculadas de maneira estreita á Internet participativa que, entre outras cousas, esixe actividade por parte de todos e cada un dos seus usuarios:
· Aprender a procurar información máis rápido e mellor en Internet.
· Manexarse coas subscricións RSS.
· Localizar as redes sociais con maior potencial.
· Coñecer casos prácticos de éxito do uso destas tecnoloxías para facer negocio.
Como dixemos, o obradoiro foi impartido por Genís Roca, consultor estratéxico en modelos de presenza na Rede que desenvolve a súa actividade en grandes corporacións, institucións e gobernos de diferentes países. Foi director xeral de Infonomía, a rede decana de innovación en España, e antes foi xerente das Iniciativas en Internet e Community Manager da Universitat Oberta de Catalunya. Roca foi un dos relatores na Conferencia Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos organizada por Tecnópole en novembro de 2008.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?