Os novos grandes teléfonos de LG apostarán por Windows Mobile como sistema operativo, pero iso non fai que o fabricante abandone outras plataformas, e como exemplo temos que entre os novos terminais anunciados durante o Mobile World Congress de Barcelona está o LG KT770, que sería un móbil con teclado deslizante que funciona con Symbian v9.3 S60 3rd edition.
O dispositivo conta cunha pantalla de 2,8 polgadas cunha resolución de 240 x 400 píxeles, tamén ten unha cámara de 5 Mpíxeles (con recoñecemento de caras e sorrisos), integra A-GPS, 1 ou 2 Gb de memoria interna (ampliable con tarxetas microSD de ata 16 Gb) e ten unha boa conectividade (HSDPA a 7,2 Mbps, Wi-Fi e Bluetooth 2.0).
Este mobil de 111 x 51,5 x 15,8 milímetros busca achegar ao usuarios unha boa experiencia de navegación en páxinas web, e nesta dirección inclúe precargadas aplicacións como Facebook, Fring ou Quickoffice (e incluso unha versión de avaliación de Navigon).
O LG KT770, novo móbil baseado en Symbian
Compartir Este Artigo

