Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Milleiros de internautas únense ao grupo de Facebook que acusa de homofobia a un xurado de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Milleiros de internautas únense ao grupo de Facebook que acusa de homofobia a un xurado de Vigo

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/02/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Preto de 7 mil usuarios de Facebook xa forman parte deste grupoA Internet gaña adeptos como vehículo para a denuncia social. Neste senso, pode ser un altofalante para calquera queixa que queiramos achegar ante a comunidade e, ás veces, coa sorpresa de que esa comunidade estaba potencialmente a reflectir a mesma queixa. Isto é o que lle vén de acontecer ao veciño de Vigo Rober Bass logo de dar conta do seu malestar pola decisión tomada por un xurado popular de Vigo ante un caso de asasinato acontecido na cidade galega: o xurado declarou non culpable ao home que lles asestou 57 coiteladas aos seus anfitrións homosexuais porque, sostivo, actuou baixo o medo a ser violado. Bass, indignado logo ser informado deste veredicto e atopando nunha boa parte das persoas que o rodeaban a mesma reacción, animouse finalmente a botar man da Rede para facer aínda máis fronte común.
Segundo informa estes días La Voz, este é precisamente o xermolo dun novo grupo na rede social Facebook, o espazo Tod@ contra o tribunal popular homófobo de Vigo, que, como o seu propio nome indica, vai encamiñado a buscar unha nova resolución coa axuda das ferramentas dixitais e dos usuarios.
A nova fronte en Facebook, que a día de hoxe conta con case 6.000 membros de toda España, atopou en poucos días unha chea de mostras de apoio dende todos os recantos do país. Por certo que o espazo está a servir tamén de punto de unión e mobilización para amigos das vítimas, que xa están a sentar os alicerces dunha manifestación cidadá en toda regra. O éxito do grupo é aínda máis salientable se temos en conta que responde á indignación social no seu estado máis puro, sen intereses aparentes de asociacións ou ideoloxías: simplemente estamos a falar dun colectivo de internautas que comparten a mesma arela de xustiza. Por certo que a actividade de rexeitamento cara á decisión do xurado vigués non só se reflectiu na Rede: colectivos a prol da defensa dos dereitos dos gais e das lesbianas xa tomaron posicións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?