Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector da electrónica, de novo á cabeza entre os afectados pola piratería
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector da electrónica, de novo á cabeza entre os afectados pola piratería

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pirateria-3.jpgA piratería non se complica a vida. Se queres facer negocio reproducindo algo e logo vendéndoo sen permiso, sempre é mellor facelo con produtos de uso común, demandados de abondo e, sobre todo, que non ofrezan grandes dificultades á hora de realizar o calco. Asemade, hai outro factor que cómpre ter en conta: a complicidade do comprador. A fin de contas, ninguén acepta que lle queiran vender unha obra artística ou un coche falsificados. Pero, coidado, polas razóns que sexan en cuestión de material electrónico a cousa cambia. E tamén, aínda que non de xeito tan común, no eido téxtil. Segundo vén de informar o Ministerio de Industria a través da primeira fase do estudo Impacto Económico da Falsificación e a Piratería, estes dous son precisamente os sectores que máis se resenten arestora da práctica do calco e a venda non autorizada.
O traballo, desenvolvido pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), céntrase nesta etapa previa nunha avaliación das infraccións de dereitos de propiedade industrial en produtos tanxibles, estando programada xa unha segunda fase de traballo destinada a poñer de relevo a imitación desleal na Rede. A terceira, segundo informa o Ministerio, xirará arredor de outras formas adoptadas pola práctica do calco das que non se teñen aínda amplos informes.
Amais do devandito dato de sectores principalmente afectados (o téxtil e o dos equipos electrónicos por enriba de todos os demais), o informe achega outras informacións de interese. Por exemplo: que a metade das economías enquisadas aseguran que o fenómeno xa chegou a outros sectores ao longo dos últimos cinco anos (o ritmo de aplicación á totalidade do mercado do principio de “todo é imitable” semella especialmente rápido). Asemade, a investigación lanza unha serie de números a ter en conta:
· O valor de mercancías intervidas en 30 economías chegou aos 581 millóns de dólares en 2005 (o 0,01 por cento do total de importacións de todas as economías afectadas).
· As cinco principais categorías de produtos sensibles máis vendidos (entre as que se conta o de material electrónico) constitúen o 76% das intervencións de produtos infractores e chega arestora aos 1,63 billóns de dólares, o que significa o 18% do comercio mundial.
Polo que respecta ás conclusións sobre os efectos que está a xerar a teima da falsificación a nivel mundial, no estudo especifícase que o volume de actividade infractora chegará 200.000 millóns de dólares se temos en conta que o devandito resultado non reflicte a totalidade das operacións aduaneiras mundiais nin os datos dos mercados domésticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?