Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os concursos públicos en España, máis preto dos arquitectos galegos pola vía da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os concursos públicos en España, máis preto dos arquitectos galegos pola vía da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coag_web.jpgOs arquitectos galegos, pola vía da Rede, están dende agora un pouco máis preto de concorrer na máxima igualdade de condicións no eido da actividade construtiva nacional. Máis concretamente, na xurdida ao abeiro dos concursos públicos convocados ao longo e ancho de toda España. Isto é unha realidade grazas a unha nova colaboración entre sectores a priori alleos: o construtivo (neste caso representando polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e o tecnolóxico-dixital (a empresa viguesa Construdata21). O traballo conxunto entre ambas partes, que arrancou no pasado mes de xuño coa sinatura dun acordo, deu como resultado un servizo web do Colexio que amais de informar polo miúdo aos colexiados sobre os devanditos concursos públicos, encamíñase a axilizar na medida do posible os trámites que os membros do COAG poidan presentar perante a Administración Pública. Segundo informa a empresa Construdata21, a plataforma xorde grazas ao desenvolvemento innovador de ferramentas de xestión artificial e de lóxica da linguaxe que permiten extraer de maneira automática datos referidos a Licitacións e Adxudicacións publicadas nos Boletíns Oficiais do Estado así como no DOUE e nos novos portais de contratación pública.
A idea, en definitiva, consiste en presentar unha web que organice toda a oferta pública do Estado unha vez foi publicada nos boletíns en liña dos diferentes departamentos. Deste xeito, posibilitase a lóxica do seguimento, servizo que se ofrece do xeito máis cómodo posible: do que se trata é de facer, para un caso concreto coma este, o que toda a Web por enteiro pretende: poñer nun único lugar información de por si dispersa. Esta inmediatez, engade Construdata21, déixalles marxe de abondo aos arquitectos para axilizar ao máximo os trámites para poder presentar as súas ofertas.
Polo que respecta ao portal en si mesmo, á súa feitura e contidos concretos, cómpre sinalar que malia estar en activo dende finais do ano pasado, está suxeito a un proceso de innovación constante. Entre outras utilidades ofrece: buscas (por zona xeográfica, data de publicación do concurso, prazo da presentación de ofertas, orzamentos, tipo de obra, entidade convocante, boletín, empresa adxudicataria), achega diaria no correo electrónico dos usuarios de datos sobre os novos concursos, almacenamento e clasificación de obras, revisión de novidades publicadas en Galiza, etc. Por certo que dende a posta en marcha do servizo no portal do COAG xa se publicaron máis de 2.000 licitacións referidas á construción en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?