Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Oito de cada dez alumnos da USC optaron pola matrícula en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Oito de cada dez alumnos da USC optaron pola matrícula en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/03/2009
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

usc_informe_tic.jpgLonxe van quedando os tempos do trasfego de documentos nos campus para formalizar unha matrícula, as longas ringleiras, os traslados dunha oficina a outra. Se facemos caso do que nos contan as universidades, este tipo de trámites faranse única e exclusivamente pola Rede e mesmo antes do previsto (a día de hoxe, pouco falta nalgunhas institucións para que así sexa, dándose xa noutras por completo). Do mesmo xeito, é unha tendencia xeneralizada a obtención de datos educativos a través das redes sen fíos das facultades ou mesmo a aposta polas mensaxes de texto nos móbiles como método para estar ao día de novidades e cualificacións. A tecnoloxía aplicada ó educativo non se esgota aí: chega ao corpo e fondo das clases mesmas e estende os seus fíos cara á sociedade. Neste senso as universidades teñen moito de departamento de normalización dixital. De dar conta de ata onde están a mudar os campus dende a entrada en xogo das novas tecnoloxías é do que tratou o acto convocado hoxe pola Universidade de Santiago (USC) no Colexio de Fonseca; diso é de dar a coñecer os casos propios de éxito en materia de dixitalización reflectidos na quinta enquisa sobre o uso que os estudantes da USC fan destas canles.
Os datos, que foron presentados segundo a natureza da tecnoloxía despregada, achegan entre outras cousas un panorama moi próximo á matriculación en liña integral: arestora, oito de cada dez alumnos da institución educativa compostelá inscribíronse pola Rede. Así, tal como amosou o reitor Senén Barro durante a presentación do informe, a gráfica sobre o nivel de participación dos alumnos nesta modalidade en liña de matrícula (feito que se premia dende hai anos con diverso material tecnolóxico) é un ascenso continuo: a idea, subliñou, é permitir que todo o mundo leve a cabo estes trámites por Internet.
Amais disto, tamén se deron a coñecer as cifras relativas ao nivel de emprego dunha das ferramentas de comunicación máis presentes entre o alumnado e, emporiso, de meirande proxección para a vida do campus dixital: os móbiles. Segundo sinalou o reitor, en 2008 foron enviadas dende a Universidade 186.383 mensaxes de texto (SMS) dando conta de cualificacións, estando arestora en 24.000 a cifra de estudantes subscritos ao servizo, o que representa o 87% dos mesmos. Asemade, a USC achegou datos sobre a presenza de outro tipo de SMSs: sobre avisos de doazón de sangue fixéronse chegar 189.493 e sobre actividades cultural un total de 24.433.
No que atinxe ao nivel de uso dunha das principais ferramentas dixitais postas en xogo, a páxina web da Universidade, dicir que tamén se requiriu a opinión directa dos estudantes, dos que o 43% valorouna como unha proposta “cun bo deseño e accesible”. Amais, tamén se achegaron datos sobre a súa visibilidade: de entre as universidades do eido español, a web da de Compostela é a segunda con máis páxinas indexadas polo buscador Google, preto de tres millóns, acadando un nivel de oito no Google PageRank, por diante mesmo da de Deusto e por detrás só da Complutense de Madrid. En 2008, sinalou Senén Barro, visitáronnos 4.431.078 internautas distintos.
Polo que respecta ao interese polo software libre, dicir que no informe da USC ponse de manifesto a actividade xerada pola oficina de código aberto aberta na universidade cos obxectivos de dotar á comunidade universitaria de ferramentas e contidos libres. Esta actividade, amais de outras iniciativas de tipo máis puntual, están acadando un medre importante no nivel de participación do alumnado no uso e mesmo no deseño deste tipo de ferramentas, informou o reitor da USC. Con todo, dixo, aínda hai unha porcentaxe salientable de estudantes que non sabe en que consiste a programación aberta.
Arestora, unha boa parte da estratexia da Universidade no camiño de promoción deste tipo de informática materialízase no xestor de contidos OpenCms, implantado en 2008 e arestora en fase de espallamento. Este xestor, entre outras cousas, posibilita un proceso de descentralización da edición de páxinas, facendo máis doado o seu uso por parte dos editores e mellorando a calidade da información.
No que atinxe á opinión que teñen as/os estudantes respecto das medidas que se están a pór en xogo para dixitalizar os campus, o informe reflicte en xeral unha boa aceptación: oito de cada dez consultadas/os considera como boa ou normal a valoración xeral dos servizos TIC que reciben da Universidade de Santiago.
Entrega de premios
Ao longo do mesmo acto fíxose entrega de dous computadores portátiles e cinco móbiles de última xeración aos agraciados no sorte realizado entre as/os alumnas/os que responderon á enquisa. Nesta entrega, o reitor Senén Barro e Javier Franco (o director da Área TIC Javier Franco) estiveron acompañados de representantes das empresas colaboradoras no sorteo, Vodafone, Universia e a Fundación Caixa Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?