Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cinco cidades galegas optan na Rede a dar forma ao novo Monopoly
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cinco cidades galegas optan na Rede a dar forma ao novo Monopoly

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

monopoly_espana.jpgSe todo vai ben (se a sorte acompaña e os clicks dos internautas tamén), haberá presenza galega na nova versión do Monopoly España. Segundo conta estes días El Correo Gallego, o proceso de elección dos espazos urbanos que darán apoio á nova achega do xogo de mesa estase a dirimir no sitio onde, a fin de contas, máis repercusión pode atopar: a Rede. Arestora, hai catro cidades galegas, Lugo, A Coruña, Ourense e Vigo, competindo por obter as mellores porcentaxes de votos en liña dos internautas, estando presente Santiago nun proceso paralelo aberto con posterioridade.
A idea, como dixemos, é someter á opinión dos usuarios da Internet a elección das cidades que aparecerán no taboleiro do Monopoly España, concretamente nos 22 recadros que o integran. O proceso de votación na web do xogo, que estará aberto ata o día 27 deste mes, non só convoca a participación do usuario para votar, senón tamén para nomear cidades que non figuran na escolma presente co obxectivo de que se inclúan no apartado de comodíns. Con isto, se lle daría unha oportunidade a espazos urbanos que non apareceran na listaxe pechada oficial, constituída por 65 localidades de toda España. Por certo que é neste grupo onde se atopa Santiago de Compostela.
Polo que respecta ao papel que están a xogar as cidades galegas na listaxe oficial, dicir que a que máis repercusión está a acadar é Vigo, co 1,8 % dos votos a día hoxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?