Para facer máis doado o uso móbil de MySpace en terminais BlackBerry existe unha aplicación específica que vén de chegar á súa versión 1.5, incorporando moitas novidades que melloran substancialmente a experiencia de uso e participación na plataforma de redes sociais de moda.
Esta nova versión da aplicación permite ligar a bandexa de entrada de MySpace coa da BlackBerry, tamén integra o calendario e os contactos en MySpace cos dispositivos móbiles de RIM, permite chamar aos amigos dende a aplicación, deixa engadir comentarios aos estados dos usuarios, conta coa opción de cambiar o número telefónico listado no noso perfil e identifícase automaticamente na versión WAP de MySpace; pero tamén conserva as súas funcionalidades básicas coma mandar e recibir correo de MySpace, actualizar o estado, ver e remitir boletíns, engadir comentarios, publicar fotografías e moitas outras prestacións.
Actualizan a aplicación de MySpace para as BlackBerry
Compartir Este Artigo

