Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase en Valencia o primeiro ordenador que pisou España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase en Valencia o primeiro ordenador que pisou España

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

primeiro_ordenador_espana.jpgA evolución da tecnoloxía dixital semella ante todo de natureza práctica: seguindo certa vontade de boas maneiras na administración doméstica e cun aquel de liña paradoxal, os aparellos cos que xestionamos a información son quen de facelo cada vez mellor á vez que se fan máis reducidos. En boa medida e vendo as cousas con ironía, a historia da informática é o reverso do espírito construtivo galego. Leas aparte, nunca está de máis que lembremos que houbo un tempo en que ter un ordenador na casa era practicamente como ter un equipo de fútbol. Diso, de saudade dixital, trata precisamente a exposición que alberga dende hoxe o Museo das Ciencias Príncipe Felipe de Valencia e que, entre outras cousas, presenta en persoa ao primeiro equipo informático que pisou España: o modelo de IBM 650 Magnetic Drum Calculador, mercado por RENFE en 1959 para o manexo a distancia das liñas ferroviarias que hoxe está integrado nos fondos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
A exposición, titulada Ventana Valencia, forma parte dunha iniciativa do dito Museo por ir amosando as pezas que alberga en diferentes espazos vinculados á investigación da xeografía española. Entre elas cóntase precisamente o dito ordenador IBM 650, un aparello ao que dificilmente poderíamos cualificar de portátil: é 150 veces máis grande ca un ordenador medio actual e ten un peso mil veces superior.
Entre as súas características, atopamos unha feitura axeitada para dar soporte a traballos científicos e de enxeñería, malia que logo fóra usado tamén nas empresas. O ordenador, compatible cos anteriores sistemas operativos, funcionaba con lámpadas de baleiro: por así dicilo, é un ordenador de transición. Sen ser xa un vello equipo para procesar datos e pouco máis, tiña certas características do que estaba por vir: a era da informática desenvolvida en base a transistores (os computadores que hoxe en día coñecemos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?