Para facer máis doado que os cativos comecen a facer uso do ordenador, os pais poden instalar no seu equipo informático un contorno gráfico alternativo chamado KidsMenu, que presenta de xeito doado os accesos directos aos programas máis habituais, entre os que estarían tanto os xogos .
Tras instalar esta aplicación, chega con acceder á conta de usuarios do cativo que vaia utilizala e premer ALT+CTRL+I para configurala coma interface por defecto para Windows, de xeito que dirán adeus ao complicado menú de inicio para o lanzamento de aplicacións.
Esta ferramenta resulta de grande utilidade se a combinamos con outras aplicacións orientadas para o seu uso por cativos.
KidsMenu fai aos nenos máis doado o lanzamento de aplicacións baixo Windows
Compartir Este Artigo

