Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Sergas pon en marcha un servizo para converter a voz contidos web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Sergas pon en marcha un servizo para converter a voz contidos web

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/03/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sergas_voz.jpgUnha boa parte das carencias da Rede e da informática en xeral veñen pola súa suposta universalidade. Dito doutro xeito: se deixamos a construción da Sociedade do Coñecemento unicamente en mans das iniciativas privadas con febre de lucro, corremos o risco de que todo estea feito en base ás características do groso dos clientes (e quen non entre dentro desa visión, que se esqueza de ser internauta). Para que se entenda: que pasa cando non temos visión abonda como para todo o que nos ofrece a pantalla? As solucións a estas carencias amosan unha vez máis que aprendimos ben pouco ao longo deste tempo sobre accesibilidade no mundo real: vanse achegando agora que xa está feita unha parte da Rede. Con todo e en boa parte por iso, a obriga de poñérmonos mans á obra está máis vixente ca nunca.
Exemplos desta liña de traballo hai moitos, e algúns dos máis salientables atopan acubillo precisamente na nosa xeografía. Por exemplo a ferramenta Voxweb, sistema de conversión de voz de contidos textuais que o Servizo Galego de Saúde está a ofrecer nos seus portais web, en galego e máis en castelán. Entre outras cousas e como indica o seu nome, permite pórlle son ao que naceu sendo silente. A ferramenta, que foi integrada da man da empresa do mesmo nome e Tecnocom, aplícase arestora a todos os procesos e interfaces que o Sergas mantén como pezas do seu servizo en liña ao cidadán.
A proposta, como se pode supoñer, insírese no camiño da accesibilidade e a inclusión: especialmente axeitada para persoas con diversidade funcional ligada aos problemas de visión, ou ben para internautas acabados de chegar á Sociedade do Coñecemento. Asemade, incorpora algunha que outra das principais características da Internet de hoxe: é interactiva e achega comunicación personalizada e baixo demanda do usuario.
Segundo indica o Sergas, o seu funcionamento é doado: non hai máis que empregar o reprodutor que inclúen as páxinas web do seu portal activadas para a lectura do texto. Para comezar a usar a ferramenta, non temos máis que premer e escoitar. Asemade, sinalar que os controis da aplicación posibilítannos o manexo integral da lectura, descargar un arquivo en formato mp3 co texto lido ou regresar ao estado inicial do reprodutor para mudar a velocidade da voz.
Co fin de ver de xeito correcto os contidos destas páxinas é preciso descargar e instalar o Adobe Flash Player Plugin no sistema. Con este proceso, o equipo dende o que nos conectemos estará preparado para amosar a información. Por certo que o devandito programa soporta a meirande parte dos navegadores de uso máis común: Firefox, Internet Explorer ou Opera. Polo que respecta aos requirimentos propios do computador que teñamos entre mans, sinalar que serán os habituais no manexo de contido multimedia: tarxeta de son, altofalantes, etc.
Xa nun nivel máis técnico e segundo informa a firma Tecnocom (colaboradora no proxecto dende as súas sedes da Coruña, Santiago e Vigo), a solución achegada, ademais dos servizos precisos para unha integración nos contornos web do Sergas, propón unha arquitectura baseada nun display de conversión a voz para contidos web baseado nun produto do fabricante Voxweb, especializado no deseño de aplicacións con voz.
A ferramenta, engaden fontes da devandita empresa, inclúe un motor TTS do fabricante Loquendo, firma que colaborou con Tecnocom na tarefa de desenvolver a voz existente na lingua galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?