A empresa Krasis, en colaboración co Proxecto Universidade e Empresa (PUE), está a desenvolver un total de oito cursos oficiais de Microsoft, que se imparten de balde no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela, e que contan co apoio da Xunta de Galicia.
Ata o de agora, tódolos cursos cubriron as súas vacantes a excepción do curso Introdución e manexo de Microsoft Dynamics 5.0, que aínda conta con prazas libres.
Esta formación, que comeza a partir do 14 de abril, ten unha duración de 64 horas e terá lugar de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas nas instalacións do devandito Centro.
O periodo de inscripción remata o víndeiro día 20 deste mes de marzo e pódese descargar toda a información referente ao mesmo na páxina web do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, na ligazón correspondente.
O curso de Microsoft Dynamics 5.0 do CNT de Galicia aínda dispón de prazas
Compartir Este Artigo

