Na actualidade, máis de 9 millóns de españois dispoñen xa de DNI Electrónico, un documento que, entre outras cousas, permítelle aos cidadáns relacionarse a través de Internet acreditando unha identificación e unha sinatura electrónica segura para tratar coas empresas, as Administracións Públicas e outros particulares.
Dende o seu lanzamento en 2006, o Goberno destinou uns 150 millóns de euros para o apoio e despegue deste documento que está a demostrar “ser unha oportunidade para acelerar a implantación da Sociedade da Información en España e situar o noso país entre os máis aventaxados do mundo no emprego das TIC”. Así o veñen de declarar os responsables desta ferramenta que a partir de agora disporán doutros preto de 14 millóns de euros para promocionala entre toda a cidadanía.
De feito, o pasado venres, o Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se autorizan a prórroga, o reaxuste de anualidades e a modificación de actuacións do acordo entre a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a entidade pública empresarial Red.es para a encomenda de xestión de actuacións de apoio ao despegue do novo Documento Nacional de Identidade Electrónico (DNIe).
O acordo supón un novo impulso ao DNI electrónico, cun investimento adicional de 13,92 millóns de euros, que se engaden aos 42,99 millóns de euros xa destinados a este ámbito pola Secretaría de Estado, e establece a prórroga do prazo de vixencia do acordo, suscrito o 4 de xuño de 2007, ata o 31 de decembro de 2010, así como a ampliación do prazo de execución de actuacións ata dita data.
As actividades previstas no devandito acordo para o fomento do uso do DNI Electrónico clasifícanse en tres grupos:
-Actuacións destinadas a cidadáns para xeralizar o emprego do DNI Electrónico como ferramenta de seguridade da información na sociedade, contemplando para iso accións de difusión da información, formación e soporte que estimulen o interese dos cidadáns polo emprego do DNIe.
-Actuacións destinadas á oferta de servizos e aplicacións cuxo obxectivo é impulsar o desenvolvemento de servizos e aplicacións confiables para estimular o emprego do DNIe, dinamizando para iso á industria das tecnoloxías da información e aos prestadores de servizos de alto impacto e interese para os cidadáns.
-Actuacións de carácter horizontal para a xestión do proxecto e realización de estudos para identificar novas barreiras e estímulos para a adopción do DNI Electrónico.
O Goberno apoio o impulso do DNIe cun investimento de 14 millóns de euros
Compartir Este Artigo

