
Como é habitual na Rede de Dinamización, o novo centro vai dar acollida a diversos obradoiros de formación especialmente pensados para as persoas que precisan iniciarse nas novas tecnoloxías da información e a comunicación, como son cursos de Iniciación a Internet, á Informática ou emprego básico de outras ferramentas.
Cabe destacar que, antes da inauguración deste centro, a Rede xa estaba presente no Vicedo, onde iniciou a súa actividade en febreiro de 2007. Desde esa data, foron xa 175 os usuarios e usuarias que se deron de alta para usar as instalacións da Rede. Un 56% destas persoas son mulleres e atendendo á idade,un 22% teñen entre 25 e 34 anos, un 17% están entre 35 e 44 e un 16% entre 16 e 24.
Asemade, desde o pasado xaneiro de 2008, fixéronse 1.340 usos das instalacións da Rede en horario de aula aberta -no que se pode acceder libremente ao uso dos computadores-. Tamén hai que destacar que se levan realizados 55 obradoiros, nos que se formou a 216 persoas ao longo de 503 horas.
A Rede de Dinamización estrea novo Centro no Vicedo
Compartir Este Artigo

