Cando facemos un uso intensivo dun servizo web, en moitas ocasións podemos querer desligalo do navegador de Internet, para entendelo como unha aplicación independente, e tendo en conta este concepto dende Seesmic lanzaron unha versión de proba dunha aplicación de escritorio para Facebook que fai uso da tecnoloxía Adobe Air, e permite achegarnos dun xeito diferente a esta plataforma de redes sociais, como tamén é posible facer con servizos coma Twitter (que tamén conta con gadgets e aplicacións de escritorio para acceder á web de microblogging).

Nesta mesma liña tamén veñen de anunciar que xa está implementado Facebook Connect para o iPhone, de xeito que os autores de aplicacións para o móbil de Aplle poden interactuar con Facebook, para competir contra os amigos, publicar información en Facebook… en definitiva, facendo máis social o iPhone, abrindo un amplo abano de posibilidades que veremos cómo se desenvolven nos vindeiros meses.
Explicación das posibilidades de Facebook Connect para o iPhone
Facebook salta ao escritorio e poténciase no iPhone
Compartir Este Artigo

