A nova beta de Chrome presenta melloras no seu rendemento+En decembro retiraron a etiqueta de beta do Google Chrome, pero agora os seus desenvolvedores publican unha nova versión de proba deste navegador web, se xeito que os usuarios que o desexen poden optar por utilizar esta beta en vez da versión estable do programa, para poder experimentar unha maior velocidade na execución de javascript, así como para poder probar funcións como o enchido automático de formularios, o zoom de páxinas completas, o desprazamento automático (premendo o botón central do rato) ou un novo xeito de arrastrar pestanas. Estes cambios e melloras son consecuencia en boa medida da incorporación dunha versión máis actualizada de WebKit, pero resulta interesante ver cómo Google continúa a mellorar o seu navegador, o que parece inevitable na véspera da presentación do Internet Explorer 8, e con navegadores coma Opera e Safari estreando versións cun rendemento cada vez mellor.
Breve exemplo do novo sistema de arrastre de pestanas en Google Chrome