
A cifra de ingresos xerados, que non incluiría o apoio da Consellería de Innovación para garantir o normal funcionamento do Parque Tecnolóxico (que foi de 800.000 euros), constitúe un 38% máis ca no ano anterior. Do total destes cartos, informa a dirección do complexo, uns 708.000 euros virían pola facturación por alugueres e servizos emprestados, procedento os 355.000 restantes dos proxectos realizados. Todas estas cifras, amais das posibilidades de futuro que achegan, abren portas para unha maior indepencencia económica do parque empresarial. De feito, os éxitos acadados ao longo do ano pasado permitíronlle superar a barreira do 50% en autonomía financeira.
Unha das primeiras consecuencias disto vai ser, precisamente, a redución da contía das axudas que a Consellería Innovación destina a gastos correntes: este ano 2009, a subvención pasa a ser de 700.000 euros. “Isto permitirá á súa vez”, sinala a Tecnópole nun comunicado onde achega unha escolma de todos estes resultados, “incrementar a aposta da Xunta de Galicia polo investimento en infraestruturas para a Tecnópole, financiamento que en 2008 chegou aos 1,5 millóns (destinados á creación de novos espazos de aluguer para empresas e a posta en marcha do Centro de Experimentación de Enerxías Renovables), pero que este ano en curso ascende a 1,7 millóns de euros.
A Tecnópole supera por vez primeira o millón de euros en ingresos
Compartir Este Artigo

