
Os obradoiros, que van dirixidos tanto aos maiores da comarca como aos máis cativos e cativas, terán lugar no Telecentro da vila e o prazo de inscrición para todos eles xa está aberto.
Ademais dos devanditos cursos, este Centro ofrece tamén en abril, un obradoiro de Debuxo con Disney (dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 7 anos) e un de Comunicación a través do correo electrónico, que vai dirixido a tódolos veciños e veciñas interesados en aprender a usar este novo medio de comunicación en auxe.
Tanto as datas da celebración dos distintos obradoiros, como o horario e as prazas dispoñibles para cada un, pódese consultar no blog do Centro de Dinamización de Betanzos ou tamén directamente na web da Rede de Dinamización.
Preparados máis obradoiros de Novas Tecnoloxías en Betanzos
Compartir Este Artigo

