A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e máis INEO, a asociación de empresas tecnolóxicas de referencia en Galicia, veñen de organizar un seminario práctico baixo o título Oportunidades para as empresas TIC nos mercados multilaterais,ao que asistiron directivos/as e persoal das áreas de internacional ou comercio exterior das empresas galegas adicadas ás novas tecnoloxías da información e a comunicación.
O relatorio, que tiña como obxectivo ampliar os mercados e internacionalizar as compañías dos asistentes, correu da man do especialista en licitacións e proxectos internacionais de asistencia técnica, Manuel Alonso Losada, quen baseou tódalas súas explicacións en casos prácticos e reais, e non escatimou en exemplos de precalificacións e de ofertas técnicas e financieiras para as súas explicacións.
Mediante a análise de exemplos de licitacións públicas internacionais ás que poderían concorrer empresas do sector tecnolóxico, o seminario cumpriu co seu principal obxectivo: “familiarizar as empresas pertencentes a INEO co mercado multilateral, especialmente coas oportunidades existentes nos sectores relacionados coas TIC en contratos de consultoría e suministros, dando unha visión do seu conxunto”.
Os asistentes ao seminario para empresas TIC de INEO, coñecen mellor os mercados multilaterais
Compartir Este Artigo

