
O feito de que o vídeo filtrado teña calidade de DVD non implica que a obra sexa de tal nivel, pois a súa experiencia de visualización é realmente mala, xa que este tipo de películas destacan polas escenas de acción e os efectos especiais, que están ausentes en grande medida, de xeito que en pantalla aparecen imaxes tridimensionais sen texturas, as garras do protagonista mal colocadas nas súas mans, os cables empregados polos actores durante a gravación das escenas de acción, a inserción de fondos é claramente provisoria (resultando pouco crible) e, en definitiva, tería un acabado que non estaría nin sequera ao nivel dunha serie de televisión, como xa pasara no seu día coa película de Hulk do director Ang Lee. Como consecuencia, moitos potenciais espectadores sacan unha mala impresión dunha obra inacabada, polo que despois non van a vela ao cine, coas negativas repercusións para o filme, pese a que moitos afeccionados xa aseguren en foros de Internet que este tipo de produtos non impiden que acudan ás salas de exhibición o día da estrea.
Dende a Fox están indignados polo acontecido e están a tomar as medidas pertinentes para localizar onde se produciu a filtración da película (o que sería posible grazas a certas marcas invisibles nas copias da película), pero o debate está aberto: ¿Prexudican este tipo de filtracións á película en xeral ou só á súa estrea cinematográfica? ¿Pode chegar a ter máis éxito a película grazas ao ruxerruxe provocado dende a Rede por mor da copia en circulación? En pouco máis dun mes sairemos de dúbidas.
Fíltrase á Internet unha copia de traballo de X-Men Orígenes: Lobezno
Compartir Este Artigo
