A compañía de distribución, Gadis, maila axencia de publicidade, BAP&Conde, ambas as dúas de orixe galega, veñen de ser galardoadas coa Gorda de Prata, un premio que concede a Asociación de Medios Publicitarios de España, pola súa exitosa campaña, Vivamos como galegos.
Non en balde, a web Vivamoscomogalegos.com, recibiu máis de 1.000.000 de visitas e descargas na Rede (entre a campaña de 2007 e 2008), chegando a ter un total de 115.000 referencias no popular buscador Google. O sitio xerou, asemade, ducias de artigos en blogs e medios masivos, aparicións en informativos de televisión e destacados en xornais nacionais, acadando un índice de notoriedade superior ao 70 por cento.
A campaña de publicidade da cadea galega de supermercados fíxose con este galardón, que concede a AMPE dende o ano 1969, e ademais foi finalista ao Gran Ampe de Ouro, por tratarse dunha campaña 360º, é dicir, na que se empregaron multitude de soportes como televisión, prensa, Internet, marketing directo, accións de street marketing…
Cabe destacar que, a raíz da galardoada campaña, a primeira galega e unha das primeiras en lingua non castelá que recibe este premio, a palabra “greleira”, que aparecía no spot de televisión, foi introducida no diccionario da RAG.
A campaña que dou orixe a Vivamoscomogalegos.com, galardoada cun AMPE de prata
Compartir Este Artigo

