Buscando unha aparencia diferente, Sony lanzou no Xapón os portátiles VAIO C, que presenta unha aparencia externa que simula pel de crocodilo de distintas cores (rosa, vermello e marrón) cunha textura bastante agradable (aínda que na práctica está fabricado en plástico).
Os equipos que contarán con este elegante aspecto son os VGN-CS92DS, VGN-CS92XS e VGN-CS92JS, e sairán á venda o vindeiro día 18 por 104.800 iens (795,43 euros) aínda que o seu predicible éxito podería levar tamén á súa comercialización global en poucas semanas.
Os portátiles de Sony visten pel de crocodilo
Compartir Este Artigo

