Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O eDNI non acaba de despegar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O eDNI non acaba de despegar

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dni_20electronico.jpgO DNI electrónico comezou a súa andaina cunha chea de vantaxes e múltiples funcionalidades que en parte se viron ensombrecidas polos dificultosos procesos de expedición. En boa medida, e calquera que se vise obrigado a obter a certificación en períodos vacacionais saberá do que estamos a falar, o que ía dirixido a facernos a vida máis doada elixiu a vía máis complicada para acadalo: a de levarnos a agardar mañás enteiras para, cun pouquiño de sorte, poder carretalo nas nosas carteiras. Isto, unido ao que probablemente fose un labor de promoción insuficiente por parte das autoridades, ben pode ser unha das razóns do actual panorama de infrautilización das posibilidades telemáticas que inclúe a tarxeta.
Segundo sinala EFE nun estudo presentado a fin de semana pasada sobre o proceso de introdución do novo documento e o nivel de uso que os españois lle dan aos seus recursos dixitais, a día de hoxe só se empregou o eDNI en dous millóns e medios de operacións a través do computador. Esta cifra, que sen máis consideracións pode parecer elevada, cómpre situala no seu contexto: arestora hai case dez millóns de cidadáns cun certificado destas características nas súas carteiras, o que achega un potencial grande de abondo como para incrementar ata os centos de millóns a cifra de operacións levadas a cabo coa tarxeta dixital.
Segundo o estudo de EFE, tempo e recursos houbo para que isto se dese: o eDNI foi implantando en marzo de 2006 e nel investíronse 129 millóns de euros, tanto en equipos e instalacións como en programas. A todo isto, e co obxectivo de darlle un novo pulo a este desenvolvemento e ás súas posibilidades de participación na cidadanía dixital, hai que engadir unha nova partida de 14 millóns de euros. A idea, máis polo miúdo, é conseguir que os fabricantes inclúan nos ordenadores lectores de eDNI así como reforzar o desenvolvemento de campañas informativas sobre as vantaxes da nova certificación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?