O vindeiro 22 de maio, a cidade de Vigo vestirase coas súas mellores galas para convertirse nun punto de encontro audiovisual de primeiro nivel ao acoller a V edición do Pitching I+P, ideas para producir, que anualmente convoca o Cluster Audiovisual Galego (CLAG).
Nesa data, produtoras e guionistas de todo o país, daranse cita na capital pontevedresa para presentar os seus proxectos ante responsables de programación, ficción ou antena das principais canles de televisión nacionais e autonómicas así como ante os directivos das máis importantes produtoras e distribuidoras nacionais.
O evento vai dirixido a todos aqueles directores, guionistas e produtores que busquen acordos para a coprodución, distribución ou comercialización dos seus proxectos, e o prazo para participar estará aberto ata o vindeiro 30 de abril.
O CLAG vén de anunciar que poden participar cos seus proxectos todas aquelas empresas audiovisuais (sexan ou non asociadas ao Clúster), así como profesionais a título individual, nas categorías de ficción (longametraxe, tv movie, serie tv, animación, contidos para móbiles…) ou non ficción (documental, docu soap…).
Cada empresa asociada poderá concurrir cun proxecto por dereito propio, mentres que os presentados por guionistas, produtores ou directores a título indivdual serán obxecto dunha selección que levará a cabo unha comisión proposta polo CLAG, que fará pública a lista definitiva dos proxectos participantes o vindeiro día 6 de maio. A sesión de exposición de proxectos será o día 22 de maio, no Hotel Pazo de Los Escudos (Avda. Atlántida 106) en Vigo, en horario de mañá, estando previsto celebrar en horario de tarde sesións bilaterais cos compradores.
Como novidade, este ano por primeira vez e para dar un valor engadido á convocatoria, o CLAG ofrecerá aos responsables dos proxectos participantes unha sesión previa na que un experto en técnicas de presentación de obras audiovisuais dará as claves esenciais a ter en conta á hora de afrontar un pitching.
Os interesados en participar neste evento, deberán cubrir o formulario de inscrición que se publica na web oficial.
O CLAG abre o prazo para participar no seu V Pitching
Compartir Este Artigo

