Os marcos dixitais son un método moi popular para presentar as imaxes capturadas polas nosas cámaras fotográficas dixitais, pero LiteOn vén de introducir no mercado español o Skyla Memoir, que permite trasladar o mesmo uso ás fotografías en papel, xa que incorpora un escáner para fotografías de 10 x 15 centímetros, que rexistra as instantáneas a unha resolución de 600 dpi na súa memoria interna (de 1 Gb de capacidade).
A pantalla deste marco dixital ten unha boa resolución (800 x 600 píxeles), inclúe lector de tarxetas de memoria 5-en-1, conexión USB (tanto para conectar co PC como para acceder a fotografías de memorias USB), reproduce ficheiros MP3, M-JPEG, MPEG-1 e MPEG-4 e o seu prezo de venda é duns 200 euros, o que parece un tanto elevado, pero estaría xustificado pola ausencia de dispositivos semellantes nas tendas.
Skyla Memoir, o marco dixital con escáner integrado
Compartir Este Artigo

