Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tres universidades galegas unifican os seus recursos bibliotecarios nunha mesma web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tres universidades galegas unifican os seus recursos bibliotecarios nunha mesma web

Raquel Noya
Publicado: 20/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Portico_materias.jpgAs bibliotecas das tres universidades galegas, en colaboración co Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia), veñen de lanzar un portal unificado de busca e procura de información en liña que permite acceder a tódolos seus recursos directamente dende a Rede e que contribúe favorablemente á mellora das condicións de estudo e traballo dos nosos universitarios e universitarias, en tódalas actividades científicas, docentes e de formación que precisen levar a cabo.
A plataforma Pórtico, que así se fai chamar a ferramenta, inclúe un metabuscador que permite organizar, diseminar, recuperar e acceder á información académica “nun ambiente heteroxéneo” de revistas, bases de datos electrónicas, libros, catálogos bibliográficos, teses, patentes, normas, enciclopedias e outros recursos dispostos na Rede, de xeito doado e rápido.
A través de Pórtico, os usuarios poden coñecer os recursos dispoñibles na súa área de coñecemento e lanzar sobre eles consultas simultáneas, o que permite un primeiro achegamento ao seu principal tema de interese, máis en ningún caso substitúe as amplas funcionalidades de busca que ofrecen os portais e bases de datos na súa interfaz orixinal.
Asemade, a través deste motor de búsqueda, os usuarios e usuarias poden acceder a outros servizos adicionais integrados na plataforma como son o xestor de ligazóns SFX, que xera dinámicamente ligazóns entre os compoñentes da biblioteca dixital e permite incluso obter o texto completo, sempre que este estea dispoñible en liña. No caso de que sexa do seu interese, o usuario ou usuaria pode solicitar o exemplar a través do servizo de empréstito interbibliotecario tradicional.
Porén a principal vantaxe de Pórtico é que permite acceder dentro dun mesmo menú a servizos que antes estaban dispostos en distintas webs, facilitando así o labor de todas as persoas usuarias das bibliotecas universitarias galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?