
Este ranking está elaborado a partir das testemuñas dos propios empregados de cada empresa e tamén a partir da avaliación de diverso material entregado polas propias entidades consultadas, porén o que máis destaca no proceso de elección é o incremento da satisfacción dos empregados, que este ano conta 5 puntos máis respecto de outras edicións.
Neste senso, a compañía máis valorada polos propios empregados resultou ser a páxina web Softonic.com, que foi escollida como a mellor firma para traballar na categoría de 100 a 250 traballadores.
Os enquisados destacaron da empresa a “proximidade cos xefes, o sentimento de equipo, o orgullo pola empresa e o compañeirismo existente”.
No tocante ás demais categorías, as empresas que encabezan a listaxe dos mellores sitios para traballar son as seguintes: Microsoft Ibérica (entre 500 e 1.000 traballadores), Cisco (de 250 a 500 empregados), e Grupo Visual MS (do que forma parte a galega de software Velneo, con sede no Porriño, e na modalidade de de 50 a 100 empleados).
Por certo que o equipo do Grupo Visual MS – Velneo salienta nesta clasificación por ser, en referencia á idade dos traballadores, a firma máis nova de todas as que concorren no ranking. Asemade, é esta a primeira vez na que se presenta. Para elaborar a listaxe, o instituto realizou un total de 177.923 enquisas a uns 34.552 traballadores e preguntoulles, entre outras cousas, pola satisfacción coa súa retribución, se se sentían valorados, se o seu xefe era xusto e próximo e se estaban motivados e orgullosos de traballar na empresa.
Como curiosidade, este ano aumentou considerablemente o número de empresas con capital maioritariamente español que se meteu no ranking das 50 mellores para traballar. Deste xeito, se en 2007 había sete empresas deste tipo na listaxe, este ano a cifra triplicouse ata acadar as 21 empresas.
A galega R, que entra na categoría de entre 100 e 250 empregados, tamén figura na listaxe como unha das mellores empresas para traballar de todo o país.
As galegas R e Velneo, entre as mellores empresas para traballar do país
Compartir Este Artigo

