Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os pais de Internet avogan por unha Internet máis segura e popular
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os pais de Internet avogan por unha Internet máis segura e popular

Raquel Noya
Publicado: 23/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Relatorio_aniversario_www.jpgO Palacio Municipal de Congresos de Madrid, que durante toda esta semana alberga o Congreso Internacional World Wide Web, WWW 2009 por primeira vez na historia do noso país, tivo o privilexio de dar acollida a dúas das persoas que máis influíron na creación da Rede de redes e ás que máis lles debemos agradecer o feito de que hoxe poidamos facervos chegar esta nova a través do noso portal: Tim Berners Lee e Vint Cerf, os mundialmente coñecidos como “pais” de Internet.
Coincidindo co 20 aniversario do nacemento da Word Wide Web, o que fai deste Congreso unha cita aínda moito máis interesante se cabe, Berners Lee e Cerf achegáronse á capital para dar conta dos seus coñecementos e opinións en torno a este novo medio de comunicación que coñecen como ninguén no mundo e, como era de agardar, a súa visita non deixou a ningún asistente indiferente.
O creador da Web, que avoga pola sinxeleza e a modularidade, declarou que desexa que a web se desenvolva seguindo un modelo “extensible e modular, onde os datos e arquivos se interconecten dunha maneira doada”. Para isto, engadiu, é preciso contar cunha “tecnoloxía clara, que simplifique as cousas”.
Asemade, o artífice da Web, nomeado onte doctor honoris causa xunta a Vinton Cerf, pola Universidade Politécnica de Madrid, insistiu en que será esa interconexión de datos “a que propicie a aparición da Web 3.0”.
Berners-Lee coincide con Vinton Cerf e outros expertos, no potencial que teñen as tecnoloxías móbiles para achegar Internet a aqueles que aínda nunca tiveron unha experiencia web e este último engade que “habería que crear novas formas de interacción cos contidos, como pode ser a voz”.
Cerf engadiu que ve “un futuro con máis Internet, máis usuarios, máis móbiles, e un acceso máis rápido”, nembargantes, asegurou que nunca antes tivera acceso a tanta información de xeito tan rápido e en calquera lugar.
Ademais dos relatorios propiamente ditos, tanto o pai de Internet como o da Web tiveron tempo para dar conta dalgunhas anécdotas (para deleite dos alí presentes) e o propio Lee admitiu ter sido vítima dun fraude en liña había poucos meses, algo que, no seu momento, lle fixo reflexionar sobre o futuro da web.
Neste senso, declarou, que lle gustaría que a Rede medrase “con orde e limpeza”, aínda que admitiu que iso era “o máis difícil”.
Para rematar, Lee describiu cal era o seu soño, que vindo dunha persoa coma el, non podía ser outro que “facerlle unha pregunta a un ordenador conectado e que vaia aos índeces e me dea unha resposta acertada e comprensible”.
O tempo diranos se Berners-Lee cumpre o seu soño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?