Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entrevista ao blogueiro Francis Pisani en La Voz de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entrevista ao blogueiro Francis Pisani en La Voz de Galicia

Raquel Noya
Publicado: 27/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Francis_pisani.jpgHai días nos que atopar novas que non falen da crise, do paro, da burbulla inmobiliaria ou doutros temas que non fan máis que estragarnos o día pola súa carga de negatividade, é case unha misión imposible; e aínda moito máis se o que queremos é estar ao día no tocante ao que se coce en torno ás novas tecnoloxías pois a tarefa complícase aínda moito máis se cabe, posto que estes temas non interesan tanto como as vitorias de Nadal, o transcorrer da liga de fútbol ou a visita de Sarkozy e máis da súa bela señora a España. Porén desta volta, tivemos algo máis de sorte e non puidemos evitar un sorriso de satisfacción ao decatarnos que o xornal dixital La Voz de Galicia vén de publicar unha entrevista ao renomeado blogueiro Francis Pisani, o que xa é coñecido como o “gurú das novas tecnoloxías”.
Este xornalista e escritor nacido en París en 1942, vén de publicar A alquimia das multitudes. Cómo a web está a cambiar o mundo (Paidós), unha estrea que coincide co 20 aniversario da web e co xurdimento dunha nova revolución “na que os internautas se veñen de converter en protagonistas”.
Así definen no xornal galego á nova era na que a Rede é o medio de comunicación por antonomasia, unha ferramenta que Pisani defende fronte aos que din que “é o peor, que é unha renuncia á individualidade e que se trata dunha especie de maoísmo dixital”. Nembargantes, o autor tamén argumenta motivos en contra dos que cren que “a Rede é perfecta”, asegurando que, “hai que recoñecerlle as súas grandes virtudes, pero tamén os seus riscos”.
A entrevista prosegue coa definición, por parte do blogueiro, do substantivo webactores, unha verba que non fai máis que definir o que é hoxe en día un internauta activo nas redes sociais, onde se convirte en produtor dos seus propios contidos.
Pisani tamén cita os principais riscos de Internet, as vantaxes de ferramentas como a Wikipedia, ou a expansión das redes sociais e, en concreto, refírese a Facebook pola polémica xurdida en torno á intención da mesma de ser “dona” dos datos que os usuarios poñían nos seus perfís, algo que enfadou notablemente á comunidade intenauta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?