
Con todo, a achega formativa conxunta da Rede de Dinamización e Vilasantar non remata aí. Amais do devandito, e co obxectivo de conmemorar a festividade dupla das nosas Letras e do Día de Internet (o 17 de maio), está prevista a realización da iniciativa Recoméndame Galiza, unha experiencia de aprendizaxe práctica que combinará diversos aspectos e vantaxes das novas tecnoloxías da información (comunicacións en rede, a recompilación de datos ou os procesadores de texto) e que se celebrará de xeito simultáneo co Centro da Rede de Dinamización da Asociación de Empresarias da Coruña. Por certo que esta acción desenvolverase do día 18 ao 26 de maio, en horario de 16.30 a 18.00 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla Memoria dos Oficios. Esta actividade, prevista para o día 28 ás 17.30 horas no Centro de Dinamización de Vilasantar, consistirá na presentación da iniciativa homónima que desenvolverase no concello nos vindeiros meses, e que consistirá na realización, por parte das/os participantes dunha videomontaxe acerca dos oficios tradicionais da zona. O prazo de inscrición para estas actividades será do 23 de abril ao 7 de maio. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Vilasantar, sito na Casa de Concello (Rúa Rú), chamar ao teléfono 981.778.169 ou mandar un correo electrónico ao enderezo diego.vilasantar@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.
Vilasantar acolle en maio tres obradoiros de iniciación aos segredos da Rede
Compartir Este Artigo

