Protexer a nosa intimidade é cada día máis difícil, especialmente pola xeneralización dos móbiles con cámara, e a xente de Thanko quere facer aínda máis doada a espionaxe, e venden por 12.800 iens (100,74 euros) unha gravata que inclúe no seu interior unha cámara de vídeo capaz de captar 4 horas de vídeo a 352×288 píxeles na súa memoria interna de 4 Gb (á que podemos acceder conectando este invento ao ordenador a través de USB).

Cómpre destacar que os vídeos gravados dende a gravata non só teñen pouca resolución, senón que tenden a ser moi movidos, polo que a súa utilidade sería bastante limitada, sendo máis unha curiosidade que unha dispositivo de gravación axeitado.
Brando parece ter un modelo desta gravata no seu catálogo, con só 2 Gb de capacidade de almacenamento, pero a un prezo máis reducido, de só 66 dólares (55,69 euros), o que parece moito máis axeitado para un trebello deste tipo (máis propio dunha broma que dun axente segredo).
Thanko incorpora ao seu catálogo unha gravata espía
Compartir Este Artigo

