Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lingua de Amor premia con portátiles e videoconsolas aos namorados máis orixinais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lingua de Amor premia con portátiles e videoconsolas aos namorados máis orixinais

Raquel Noya
Publicado: 28/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Lingua_de_Amor_2009.jpgPor terceiro ano consecutivo, e en vista do éxito acadado nas edicións anteriores, o Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración co Concello de Vigo, vén de por en marcha a III edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico que premia aos “namorados e namoradas” máis orixinais á hora de expresar os seus sentimentos na nosa língua.
Lingua de Amor ten como principal obxectivo dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos e novas en espazos de comunicación tan habituais para eles como son os correos electrónicos, os chats, os foros…
Para participar no concurso, os interesados deberán rexistrarse na páxina web oficial do evento e enviar unha canción (na categoría musical non hai límite de idade) ou unha declaración de amor en galego (categoría A de 14 a 19 anos, e categoría B de 20 a 35 anos).
A data límite para o envío das declaracións é o vindeiro 10 de maio de 2009 e o período de votacións manterase aberto dende o día seguinte ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Ademais da satisfacción de ter colaborado nunha iniciativa sen igual para a promoción da nosa lingua, os gañadores de cada categoría recibirán os seguintes premios:

Categoría A:
1.º Un ordenador portátil
2.º Unha videoconsola PlayStation3
3.º Un Ipod
Categoría B:
1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas
3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Asemade, todas as persoas escollidas polo xurado, que estará composto pola presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, a concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo e as técnicas de normalización lingüística do devandito Concello, entre outras persoas, recibirán cadanseu lote de libros en galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?