Nun mundo que se caracteriza (cada vez máis) polo emprego dos recursos en liña e polo uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación prácticamente a diario, a protección de datos debería ser unha práctica xeralizada e minuciosamente vixiada por cada usuario particular e cada empresa.
Microsoft Ibérica, co apoio da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e da entidade pública Red.es, vén de lanzar a súa segunda iniciativa en torno a este campo das TIC, un manual que vai dirixido a facilitarlle ás empresas españolas o cumprimento do regulamento vixente en torno á protección de datos persoais. O libro A Protección de Datos Persoais: solucións en entornos Microsoft, versión 2.0, pódese descargar libremente e de balde dende a web de seguridade de Microsoft, no apartado de Información destacada, e forma parte do compromiso da compañía de software por axudar a cidadáns e empresas a salvagardar a privacidade dos seus datos persoais.
Trátase dun manual, eminentemente divulgativo, que toma como fío condutor os artigos con maior repercusión tecnolóxica contemplados no regulamento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), os cales comenta de xeito doado e comprensible para os interesados, detallando cal sería a recomendación técnica máis axeitada para o seu comprimento.
Deste xeito, Microsoft, por medio da súa tecnoloxía, axuda ás organizacións a aplicar con garantías as medidas tecnolóxicas ditadas pola lei, trasladándoas ao mundo real de maneira clara e doada.
A Protección de Datos Persoais: solucións en entornos Microsoft, versión 2.0, é unha edición revisada da primeira obra lanzada alá polo 2002, que inclúe todas as novidades que se produciron en torno á LOPD nos últimos anos.
Microsoft lanza a versión 2.0 do seu manual de protección de datos na Rede
Compartir Este Artigo

