Esta semana a Fundación Mozilla publicou unha nova versión de proba do Firefox 3.5, que sería xa a cuarta, e que tamén podemos descargar en galego, e que está baseada na plataforma Gecko 1.9.1 e inclúe novidades con respecto da súa anterior entrega coma maior soporte lingüístico (dispoñible en 70 idiomas), ferramentas melloradas para o control da información privada (incluíndo o modo de navegación privado), maior estabilidade e rendemento do motor JavaScript TraceMonkey, soporte nativo JSON ou soporte de novas tecnoloxías web coma os elementos HTML5
Xa se pode descargar o Firefox 3.5 beta 4
Compartir Este Artigo

