Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telecinco amosa en Diario de… o amplo negocio do sexo en Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telecinco amosa en Diario de… o amplo negocio do sexo en Internet

Raquel Noya
Publicado: 28/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Cibersexo-2.jpgO programa Diario de…, que conduce a xornalista Mercedes Milá tódolos martes na canle privada Telecinco, vainos achegar esta noite ao escabroso (máis que nada dende o punto de vista da presentadora) mundo do sexo en Internet, abordando varias cuestións que deixan ao descuberto a utilidade da Rede para levar a cabo certo tipo de prácticas sexuais que nunca antes se terían concibido de non ser pola existencia de Internet.
Con tan só teclear a palabra “sexo” en calquera buscador de contidos na Rede, aparecen na nosa pantalla máis de 95 millóns de entradas con todo tipo de contidos que se presentan a disposición de calquera usuario (con independencia da súa idade), tales como orxías privadas, mozas webcam (mulleres que exhiben o seu corpo espido perante unha cámara para satisfacer as fantasías sexuais dos internautas a cambio de cartos), castings pornográficos, vídeos e fotografías que reproducen escenas sexuais…en definitiva, contidos que o equipo de Diario de… analizará a fondo para presentárnolos a modo de denuncia social… e de gancho para a audiencia.
Os reporteiros do programan constatan que a raíz da crise está a medrar o número de españolas que, grazas ás webcams, obteñen ingresos cos que paliar as dificultades económicas que atravesan, pero isto é un xogo de nenos comparado con outro dos costumes sexuais que lles foi advertida mediante un correo electrónico á redacción de Diario de… días atrás: as festas Bareback, un estraño tipo de diversión no que os participantes xogan a infectarse co virus da SIDA.
Por outra banda, Mercedes Milá explicará que o emprego de Internet se vén de converter nunha ferramenta para practicar distintas relacións sexuais no ambiente gay, como son o cruising ou o dogging, e advertirá dos perigos que oculta a Rede para os menores, que máis veces das desexadas se converten en inocentes vítimas dos xogos sexuais dos adultos por Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?