Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG insta ao Goberno a crear un órgano público que xestione o canon dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG insta ao Goberno a crear un órgano público que xestione o canon dixital

Raquel Noya
Publicado: 30/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Perez_Bouza.jpgA polémica xurdida en torno ao canon dixital, esa remuneración económica que reciben os autores, editores, produtores e artistas en compensación polas (supostas) copias que se fan dos seus traballos no ámbito privado, (e dicimos supostas porque non todos os soportes e equipos que se adquiren no mercado van destinados a esta fin, por moito que insistan dende as entidades de xestión dos dereitos de autor), lonxe de rematar, está cada vez máis no ollo do furacán pois semella que ninguha das partes afectadas cede para chegar a un consenso.
Desta volta, a problemática chegou ao Parlamento da man do senador doBNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, quen vén de presentar unha iniciativa na que lle propón ao Goberno que sexa un organismo público, coa participación das Comunidades Autónomas, o que se encargue de recadar e xestionar o canon dixital e o canon por dereitos de propiedade intelectual. Para o senador, un órgano común e de carácter público “garantiría unha maior transparencia e beneficio social da propiedade intelectual”.
Pérez Bouza lembroulle aos alí presentes que o Consello de Consumidores e Usuarios, “xa propuxo en 2008 a posibilidade de crear unha entidade pública de xestión e recadación, ao tempo que criticaba que as compensacións por copia privada quedaran en mans das industrias e das entidades de xestión, sen que os consumidores puidesen participar na súa determinación e control”.
Na mesma liña, afirmou, pronúnciase un recente infome da Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas (AEVAL) sobre o funcionamento das entidades de xestión e recadación dos dereitos de autor, ao defender “unha maior regulación pública sobre aspectos que actualmente deciden de xeito unilateral as entidades de xestión”.
Neste senso, o informe presentado polo nacionalista galego, recoméndalle ao Goberno, entre outras medidas, “plantexar a eficacia dun órgano común de recadación para aproveitar as economías de escala ao menos no referente á remuneración por copia privada”.
Engade asemade que non está previsto que a Unión Europea regule a curto prazo o modelo de xestión dos dereitos colectivos de propiedade intelectual por medio de entidades de xestión, polo que conclúe que “en principio, non existen inconvenientes para facer as reformas que o lexislador español considere oportunas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?