Digital Assets Deployment (DaD), unha das Incubadoras Seed Capital (Capital Semilla) de Negocios de Internet e Tecnoloxía de referencia en España, vén de facer pública a súa satisfacción coa evolución que está a experimentar nos últimos anos, debido sobre todo, segundo afirman os seus responsables, “aos investimentos con éxito en proxectos empresariais en Internet”.
Segundo vén de declarar o presidente da compañía, Rodolfo Carpintier, “DaD está demostrando que os negocios en Internet son perfectamente rendibles se se escollen os mellores expertos”, e neste senso poderiamos afirmar que o éxito desta entidade reside no seu bo asesoramento en torno á Rede e ao negocio que esta envolve.
O xeito de traballar de Dad, atraeu a 37 investidores institucionais e particulares, que con capital 100 por cento español, entraron na Incubadora, permitindo que esta tomara participacións en 20 empresas, colaborara na creación de 600 postos de traballo e permitira importantes rendabilidades que, segundo afirmou, “faranse efectivas cando o investidor desinvista”.
Deste xeito, DaD vén de converterse nun interesante vehículo para pequenos e grandes investidores en Internet, entre os que destaca a Caixa de Aforros de Navarra (CAN), que buscan rebaixar e distribuir o risco dos seus investimentos.
Na actualidade, algunhas das empresas nas que DaD ten participación son xa exemplos de éxitos empresarial: Tuenti, Buyvip, Baquia, Berggi, ZipClip China, Xplane, Digidis, Menudapuja…
Este sistema de selección e as diversas experiencias de éxito dos membros do Comité de Investidores de DaD fixeron posible que as decicións empresariais tomadas pola Incubadora, se convertisen nunha “referencia” para outros investidores en Internet.
DaD demostra que investir con éxito en Internet, é posible
Compartir Este Artigo

